PRIMERA EDICION PREMIO CEIP MANUEL SUEIRO

Publicado junio 11, 2014 por bibliotecasueiro
Convocamos o premio CEIP ManuelSueiro neste curso dedicado a Prateiro e Eu, para conmemorar o 100 aniversario da súa publicación.
Damos as grazas a todos os centros escolares participantes e especialmente aos gañadores do certame literario:
                      CEIP Val-Inclán de Muiños – CPR Luis Vives – CEE O Pino

Conmemorando o Día das Letras Galegas.

Publicado junio 3, 2014 por bibliotecasueiro

Os nenos e nenas de 4º curso participaron no XIX encontros de teatro escolar e afeccionado en Bande. Interpretando “UNHA RAIÑA DIFERENTE”, obra adaptada pola súa mestra, a partir do conto escrito pola alumna de 5º curso: Camiño Alonso Fuente.

Qué despregue de imaxinación e creación!!!!!!

 

 

 

 

 

 

A poesía viaxa polo tempo no Sueiriño III

Publicado abril 5, 2014 por bibliotecasueiro
No reino de Leo recibíronse visitantes que viaxaron a través do tempo no Sueiriño III, para festexar o día mundial da poesía. Estes son os grandes poetas que viven no castelo infantil, chegados do século XIX para homenaxear á poeta galega Rosalía de Castro; outros chegan do sigo XVII recitando en galego e inglés a historia do pintor El Greco. Tamén recitando e bailando chegan os xograres, trobadores e monxes da Idade Media, e por suposto do século XXI recitando os poemas de Paco Velázquez. Aquí podes velos en acción:

Jonathan, Knight

Publicado marzo 4, 2014 por bibliotecasueiro
Coma se da mesma época medieval se tratase, noso Cabaleiro Jonathan sae do seu castelo-biblioteca para regalar aos nenos, un fermoso conto traído das súas queridas terras de Cambridge, “How to catch a Dragon”, sentouse xunto a eles para lerllos, e así puidesen ter como o personaxe do conto, unha incrible aventura xunto a un Cabaleiro quen o levo a un enigmático mundo onde hai encantos, osos e misteriosos seres…
Aquí podedes ver como o gozaron……..

OBRADOIRO DE BANDA DISEÑADA

Publicado febrero 12, 2014 por bibliotecasueiro
SCHHHH!!! Non os desconcentreis…   Que que están a facer?
Estes nenos e nenas de 5º curso están a participar dunha actividade conxunta con outros colexios, para a elaboración dunha banda diseñada entre todos eles.
E agora despois de escoitar e ver as secuencias do que os outros escolares fixeron, puxeron mans á obra coas súas mentes imaxintivas, para construír outra secuencia da historia….
Qué emocionante!!!!!

PresentACION